Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada, entre as capitais do turismo rural

Por 5 Marzo, 2021Sin comentarios

A Fonsagrada é unha das 50 capitais de turismo rural en España, segundo o estudo que vén de realizar o portal Club Rural. Para elaborar esa listaxe, téñense en conta as buscas realizadas polos viaxeiros ao longo do último ano co fin de facer turismo rural.

Con eses datos, o portal Club Rural determina cal foi o concello que espertou máis interese para unha escapada rural en cada provincia. No caso da provincia de Lugo, A Fonsagrada centrou nesta ocasión a meirande parte das búsquedas.

Na relación de ‘capitais do turismo rural’ figuran tanto concellos costeiros como do interior.  Da Fonsagrada, segundo o portal que realizou o estudo, destácase especialmente que é un dos pobos que atravesa o Camiño de Santiago e que o seu patrimonio está formado “por abundantes restos prehistóricos”. Tamén se fai referencia a unha situación “excepcional” na montaña.

En Galicia, os outros destinos máis buscados foron Rianxo, na provincia da Coruña, Pobra de Trives, en Ourense, e Sanxenxo, en Pontevedra.

Mapa das 50 'capitais do turismo rural'