Skip to main content
A Fonsagrada

Entregados os premios do II Concurso de escaparates de Nadal na Fonsagrada

Por 9 Marzo, 2021Sin comentarios

Escaparate gañador do primeiro premio

O Concello da Fonsagrada vén de facer entrega dos premios da segunda edición do Certame de Escaparates de Nadal que se celebrou no municipio.

  • Así, o primeiro premio, dotado con 400 euros, foi para Nuria Villabrille, da Tintorería-lavandería Fonsagrada.
  • O segundo premio, de 300 euros, recolleuno Maribel Barrero, da tenda Agrobautista.
  • E, por último, o terceiro premio dotado, con 200 euros, foi para o Centro Veterinario Anco e recolleuno Tania Rubio.

O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, salientou a boa acollida do certame de decoración de escaparates, que contou con 36 establecementos participantes nesta segunda edición, e agradeceulles aos seus responsables que un ano máis colaborasen “ornamentando a nosa vila e fomentando o comercio local”.