Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada recupera os postos de textil na súa feira

Por 19 Marzo, 2021Sin comentarios

O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, vén de informar de que a partires deste sábado, 20 de marzo, “quedan autorizados” os postos que tiveron prohibida a súa venda nos mercados quincenais da localidade “debido á situación provocada pola covid”.

Isto supón que os postos dedicados á venda de roupa e calzado poderán volver a instalarse na Praza do Concello e nas rúas próximas nos días de feira, algo que non puideran facer nas últimas semanas.

A reincorporación dos postos textís, sumándose así aos de postos de alimentación e produtos de horta, e ás pulpeiras, devolverán unha certa normalidade ao tradicional mercado da Fonsagrada.

A localidade celebra as súas feiras o primeiro e terceiro sábado de cada mes.