Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol inviste 80.000 euros en obras do rural

Por 6 Marzo, 2021Marzo 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol, continua inxectando fondos co obxectivo de seguir investindo no plan municipal de rexeneración do pavimento dos viais municipais. Así, lévanse a cabo os traballos necesarios para realizar dúas obras no Concello de Friol, que suman case 80.000 € entre as dúas, e que se financiarán con cargo ao sobrante do Plan Único, e serán dous proxectos catalogados como contratos menores.

A primeira proxecto en executar será o acondicionamento do pavimento para posteriormente proceder co aglomerado en quente da estrada de acceso á Cooperativa Aira, asentada na Finca As Coutadas.

O segundo proxecto, trátase do acondicionamento de varios tramos de estradas, entre os que se atopan o acceso ás Casas da Noite, en Friol, a pista que vai desde Montecelos, na parroquia de Narla, ata a parroquia de Lea, e por último o acceso á Casa de Costa na parroquia de Bra.

Son dous proxectos de gran importancia para a poboación de Friol, pois trátase de realizar  melloras e mantementos de camiños municipais que benefician ás parroquias de Friol, Narla, Lea e Bra, e en xeral a unha gran parte da veciñanza, porque ata a cooperativa, por exemplo, achéganse todos os días persoas de todo o municipio, ademais dos traballadores que teñen que asistir ao seu posto de traballo na mesma, e incluso diferentes clientes de distintos municipios.

Actualmente, debido ás condicións normais do tráfico, o paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, as condicións atmosféricas e o paso de tempo, as estradas obxecto do proxecto fóronse deteriorado considerablemente, resultando complicado o paso en algunhas zonas. Polo tanto, as actuacións a realizar irán encamiñadas a reparar os deficiencias que presentan e a previr que se produzan máis danos.

Todas estas actuacións traerán unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes accesos facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello.

Para o equipo de Goberno “isto é algo de vital importancia e no que traballan cada día” e como di o seu alcalde José Ángel Santos “o noso obxectivo é conseguir que as nosas veciñas e os nosos veciños teñan a mellor calidade de vida posible e para iso tamén é importante ter en bo estado de conservación os accesos polos que teñen que circular cada día, con esa intención traballamos continuamente para tratar de xestionar as ferramentas das que dispoñemos para conseguir ese fin”.