Skip to main content
Lugo

A Semana Santa de Lugo evitará os actos multitudinarios

Por 3 Marzo, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

Procesión da Virxe da Esperanza

A Semana Santa de Lugo non terá este ano actos multitudinarios debido á actual situación sanitaria, segundo vén de confirmar o presidente da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta. Nesa liña, traballan na elaboración dun programa “que respecte escrupulosamente” as medidas de seguridade fronte á covid, porque baixo ningún concepto “se vai poñer en risco a saúde de ninguén”.

Declarada de Interese Turístico Galego, a Semana Santa lucense celebrarase, pois, este ano con actos reducidos. “A idea na que estamos a traballar consiste en facer algún acto cada día da semana relacionado coa imaxe á que lle tocaría procesionar. Coa colocación de adornos florais, mesmo coa música sacra, pero sempre sendo moi escrupulosos coas medidas de seguridade e o aforo”, explicou Ramón Basanta.

A intención da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo é facer algo “un pouco máis especial” nos días que acollen tradicionalmente os actos máis vistosos, como a Bendición de Ramos ou as celebracións do Xoves e do Venres Santo, “pero sendo sempre escrupulosos coas medidas de seguridade”, insisten.