Skip to main content
Lugo

Recollen 3.500 sinaturas para dedicar unha rúa a Luis Soto en Albeiros

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

A asociación de veciños de Albeiros vén de entregar ao Concello de Lugo un total de 3.500 sinaturas para reclamar que se lle poña a unha rúa do barrio o nome do que foi o seu párroco durante cincuenta anos, Luis Soto. En concreto, propoñen que se cambie o nome á rúa Xenebro, situada ao pé da igrexa de Albeiros e que conecta a Avenida da Coruña coa Rolda Norte, polo do primeiro párroco da parroquia, que faleceu en 2014.

A alcaldesa, Lara Méndez, adiantou que levará a proposta á Comisión do Rueiro, ao tempo que lembrou a Luis Soto como “unha persoa moi querida en Lugo pola súa proximidade e xenerosidade, especialmente cos máis desfavorecidos, por iso, queremos dedicarlle esta homenaxe, para que a súa figura quede sempre no recordo”.

Momento da entrega das sinaturas

A asociación veciñal de Albeiros, coa axuda da Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti, tiña o obxectivo inicial de acadar 2.000 sinaturas, pero “superouse amplamente o obxectivo, o que demostra o amplo apoio da cidadanía” a esta proposta.