Skip to main content
A PastorizaLugo

Dous lugueses foron condecorados polo seu labor humanitario

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

Todos os condecorados con Javier Teijeiro diante á esquerda e Jesús Fernández no fondo, ao lado da bandeira galega

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, agradeceu onte ás mulleres e homes da Protección Civil a súa entrega voluntaria e desinteresada que, día a día, “fan de Galicia unha Galicia mellor”. Durante a súa intervención no acto de entrega das condecoracións do Mérito da Protección Civil, Javier Losada concentrou neste servizo “valores que definen unha democracia libre e avanzada”, entre os que se inclúen “o heroísmo, a solidariedade, a colaboración e a cooperación”. Dúas desas distincións foron para profesionais da provincia de Lugo.

Trata de Javier Teijeiro, sarxento 1º, Comandante de Posto Seguridade Cidadá, Posto da Pastoriza. Durante o confinamento auxiliou a un ancián que vivía só na localidade da Pastoriza. Tras múltiples xestións con servizos sociais, instancias xudiciais, familiares e demais partes, este veciño foi ingresado nun centro de maiores por emerxencia social. O seu comportamento e tesón foron merecedoras de multitude de mostras de agradecemento por parte do propio interesado, os seus parentes, veciñanza e o propio alcalde da Pastoriza.

Ademais foi distinguido tamén polo seu labor altruísta Jesús Fernández, policía nacional adscrito á Área de Informática e Comunicacións da Comisaría Provincial de Lugo. Esta proposta ten por obxecto recoñecer o meritorio labor prestado á Administración Pública ao longo da súa traxectoria profesional que redundou en gran medida na protección dos cidadáns, con accións meritorias na loita contra ETA e en misións de protección internacionais.

Tras agradecer un a un o servizo de cada condecorado, Javier Losada exemplificou neles o que significa ser un “servidor público” no máis alto grao de compromiso persoal e profesional. A eles trasladoulles que este recoñecemento faise “extensivo ao corpo ao que pertencedes” á vez que lles animou a redobrar esforzos para converterse en exemplo a imitar por outros “porque así garantiremos o noso crecemento como sociedade e que a nosa democracia sexa cada día máis libre e avanzada”.
Finalmente, o delegado agradeceu ao director xeral de Protección Civil e ao ministro do Interior a súa concesión, na que atenderon aos méritos propostos pola Delegación do Goberno en Galicia.

No acto impuxéronse un total de 9 medallas ao Mérito da Protección Civil, todas elas na súa categoría de bronce con distintivo azul.