Skip to main content
Lugo

David Fiuza, novo director da Banda de Música de Lugo

Por 14 Marzo, 2021Sin comentarios

A Banda Municipal de Música de Lugo xa ten novo director. Despois de catro anos sen ninguén que a dirixise, o exdirector da banda de Lalín chega á formación lucense para facerse cargo da batuta.

O pavillón de Frigsa acolleu este sábado a terceira e última das probas de selección, á que chegaron dous únicos aspirantes. Os opositores dispuxeron de 40 minutos para ensaiar dúas obras e, a continuación, tiveron que dirixir á banda as obras ensaiadas durante o tempo que indicou o tribunal.

O novo director, David Fiuza, naceu en Vila de Cruces (Pontevedra) no ano 1985. Comezou os seus estudos musicais aos 12 anos na Escola de Música da Banda Artística de Merza. Os estudos de dirección iniciounos aos 15 anos co mestre Marcel van Bree.

David Fiuza

Con unha longa traxectoria musical, tocou na Orquestra Sinfónica de Vigo 430, a Orquestra de Cámara Galega, a Orquestra da EAEM, a Banda de Pontevedra ou a Banda Filarmónica de Galicia, e dirixiu bandas como as de Meaño e Lalín.