Skip to main content
Lugo

Abre o prazo de inscrición para as escolas infantís municipais de Lugo

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo vén de informar da apertura do prazo para solicitar praza nas escolas infantís municipais, que permanecerá aberto ata o 14 de abril.

Desde a Concellería de Educación explican que fixeron “un esforzo” para simplificar o procedemento, “evitando que a veciñanza teña que desprazarse ás distintas administracións para ter a documentación complementaria á solicitude”.

As solicitudes deberán presentarse na sede electrónica do Concello de Lugo ou no rexistro presencial, onde se habilitou un turno preferente nas citas, a través do 010, para axilizar a presentación deste tipo de solicitudes.

Toda a información, así como os modelos de solicitude, estarán dispoñibles na páxina web do Concello de Lugo e, presencialmente, nas oficinas da Concellería de Educación.