Skip to main content
Lugo

O acondicionamento da contorna do novo CEIP do Sagrado Corazón estará listo en abril

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo dará por concluídos os traballos de acondicionamento da contorna do novo CEIP do Sagrado Corazón coa renovación do pavimento dun tramo da rúa Venancio Senra, que comezará a executarse esta semana.

Esta actuación, que ten un prazo de execución de un mes, consistirá na substitución do firme e os bordos nun tramo de beirarrúa de 45 metros de lonxitude que se atopa en mal estado.

O concelleiro de Urbanismo, Miguel Couto, explicou que estas obras se desenvolven “a maiores do estipulado no convenio coa Xunta” co obxectivo de mellorar os servizos que terá esta dotación e explicou que, “xa se levaron a cabo nesta contorna, entre outras, tarefas para dotar ao novo centro de ensinanza  de iluminación e subministración de auga mediante a creación das conexións oportunas coas redes de abastecemento, saneamento e sumidoiros”.

De igual xeito, lembrou, procedeuse ao soterramento do alumeado, repintáronse os pasos de peóns, paradas de bus e liñas de limitación de carril, e instalouse a sinalización vertical precisa.