Skip to main content
Lugo

O concurso de TikTok #LugoPolaIgualdade xa ten gañadores

Por 16 Marzo, 2021Sin comentarios

O certame en Tik Tok #LugoPolaIgualdade, organizado pola Casa da Muller de Lugo, xa ten gañadores. A iniciativa enmarcábase dentro da programación posta en marcha polo Concello para conmemorar o 8M e buscaba, a través da recompilación vídeos na rede social, concienciar e loitar pola igualdade de xénero.

Ao concurso presentáronse 10 propostas, resultando gañadora a achegada por Talía Rodríguez Arribas, da man da asociación Down Lugo. Será premiada con 200 euros. De igual xeito, como premio, o seu vídeo representará a Lugo na fase nacional do proxecto ‘Rodando por la Igualdad’, dentro do que se enmarcaba este certame, no que competirá con outros máis de medio cento de traballos doutras localidades.

Os premios do certame nacional aumentaron recentemente a súa cuantía, de modo que haberá un primeiro premio de 1000 euros, un segundo de 500 e un terceiro dotado de 250 euros. As persoas gañadoras faranse públicas o 25 de marzo.

Voltando ao certame de Lugo, o segundo premio, dotado con 100 euros, foi para o alumnado do IES Ánxel Fole, dirixido pola profesora Felisa Redondo . Neste vídeo, amósase como rapaces e rapazas borran desigualdades.

As pezas gañadoras poden verse nas seguintes ligazóns:

1º premio:  https://vm.tiktok.com/ZMeMHKMvw/

2º premio: https://www.tiktok.com/@_borrandodesigualdades_/video/6937958100024478982?sender_device=pc&sender_web_id=6940247265298826758&is_from_webapp=v3&is_copy_url=0