Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

As andainas Mulleres con Forza chegan á súa fin o sábado en Lugo

Por 23 Marzo, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado, 27 de marzo, rematan as andainas Mulleres con Forza, organizadas polo Concello de Lugo no marco da programación do 8M.

As persoas interesadas en participar nesta camiñada, ao aire libre, poden anotarse a través do teléfono 010, ou do 982 297 350 para as persoas que chamen desde fóra de Lugo.

Como aconteceu nas sesións anteriores, haberá dúas quendas, unha ás 10:00 horas e outra ás 12:00 horas e cada quenda estará composta por un grupo de 8 persoas máis a guía, a luguesa Lidia de la Fuente.

As andainas Mulleres con Forza percorren os espazos e monumentos do centro histórico relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixando un importante legado a nivel histórico, cultural ou científico.