Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Río Breogán, nova denominación do equipo lucense de baloncesto

Por 25 Marzo, 2021Sin comentarios

O equipo na presentación da súa nova imaxe

Río Breogán é a nova denominación do equipo de baloncesto lucense que loita polo ascenso á ACB.

Segundo explicaron desde o club, o equipo súmase deste xeito ao lema ‘Actitude Río’ do seu patrocinador, “que enxalza o esforzo, o espírito de superación e o traballo en equipo”.

O Breogán e Leite Río levan máis de tres décadas de relación, o que converte á láctea galega nunha das marcas patrocinadoras máis lonxevas do baloncesto en España.

Xogadores, técnicos e empresa patrocinadora déronse cita este mércores no Pazo dos Deportes para realizar a foto de familia coa que presentaron a nova imaxe, Río Breogán, que acompañará ao club desde agora ao tramo final e decisivo da tempada.