Skip to main content
Lugo

A Federación de Veciños de Lugo busca o apoio institucional á fronte da Cogave

Por 26 Marzo, 2021Sin comentarios

Representantes do colectivo veciñal lucense reuníronse coa directora xeral de Administración Local

Representantes da Federación de Asociacións de Veciños ‘Lucus Augusti’, de Lugo, veñen de se reunir coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, co fin de presentarlle as actuacións que teñen previstas para os vindeiros meses á fronte da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave).

O colectivo lucense dirixirá, durante os vindeiros dous anos, o movemento veciñal de toda Galicia, ao asumir a presidencia da Cogave, así como a secretaría xeral, a tesourería e a portavocía.

Na xuntanza coa representante autonómica, os membros da Federación de veciños de Lugo amosaron a súa intención de iniciar coa execución das actividades “coa maior premura posible”, co fin de “dar o impulso necesario ás reivindicacións veciñais ao longo das catro provincias galegas”.

Nos vindeiros meses, adiantan desde o colectivo, levarán a cabo novas xuntanzas para “avanzar e afondar” no apoio institucional, unha cuestión que consideran “clave para o axeitado desenvolvemento do movemento veciñal”.