Skip to main content
Monterroso

Monterroso externalizará o SAF pola escaseza de persoal

Por 12 Marzo, 2021Marzo 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monterroso vén de anunciar que licitará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ata agora municipal, co fin de solventar os problemas de escaseza de persoal que arrastran desde fai tempo e que, según recoñece a alcaldesa Rocío Seijas, están a supoñer “serios inconvintes” para os usuarios e usuarias do servizo.

“En plena pandemia e ata o momento incluso se tivo que apoiar o servizo coas auxiliares do Centro de Día pero, ante a súa inminente reapertura, as dúas auxiliares volverán aos seus postos de traballo e agudizarase o problema”, explica Rocío Seijas.

Ante a escaseza de medios humanos, “derivados en parte das numerosas baixas médicas das auxiliares de axuda no fogar e a escasez de persoal que se apuntou a unhas ofertas de traballo do Concello, xa que todas as persoas que se apuntaron están traballando”, o Concello “vese na obriga” de externalizar un servizo tan importante.

A alcaldesa monterrosina adiantou que nos vindeiros días se sacará a licitación o contrato de servizos e que haberá unha “coordinación absoluta” entre o Concello e a empresa adxudicataria. ” O Concello marcará as directrices de organización e xestión do servizo, dirixirá as actividades e controlará o correcto desenvolvemento das prestacións. Tamén xestionará o cobro das taxas, fiscalizará a xestión do servizo e inspeccionará as tareas que se desenvolvan. Igualmente, será o Concello o encargado de realizar a valoración de cada usuario e deseñar a intervención, así como evaluar continuamente os cambios”, di Seijas.

Asegura ademais que entre as condicións requiridas á empresa adxudicataria estará a subrogación das traballadoras “con todos os seus dereitos e nas mesmas condicións laborais que teñen actualmente”.

MELLORAS

Nos pregos administrativos establécense melloras no servizo, como unha bolsa de 600 horas gratuítas anuais de libre disposición para o Concello e o servizo gratuíto de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia, ou dependencia temporal, como son as grúas de movilización persoal, camas articuladas e sillas-bañeiras.
A alcaldesa asegura tamén que o Concello de Monterroso, en colaboración con outros concellos limítrofes, organizará accións para impartir formación no ámbito sociosanitario, “dada a importancia da atención no cuidado dos nosos maiores”.