Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Outeiro pide asistir as reunións da comisión Igrexa-Concello

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios

O BNG solicitou formalmente, e por escrito, a copia das actas das reunións celebradas entre membros do Concello e a Igrexa Católica realizadas para recuperar bens esta rexistrara de forma indebida. Consideran que dado que se está a falar de bens que son propiedade de toda a cidadanía, “esta ten o dereito a coñecer quen se reúne para falar dese tema e o que se acorda ao respecto”.

Ademais, dado que esa proposta de reclamación de bens públicos foi proposta polo BNG e aprobada por unanimidade no Pleno “o normal sería que todos os grupos estiveran representados nesa comisión para que dese xeito puideran facer aportacións e isto redundara en conseguir avances positivos para a xente de Outeiro”, explican.

Casa Reitoral de Outeiro

“Se o alcalde non ten nada que ocultar, tampouco debería ter problema en que esas reunións foran transparentes e os grupos políticos, como representantes da veciñanza, souberan quen se reúne e que se fala nesas reunións”.

“Dende o BNG temos certa desconfianza sobre o que se pode decidir nestas reunión, dado que ata o de agora o único acontecido en Outeiro ao respecto foi permitir a venta da Casa Reitoral de Robra, propiedade que debera ser da propia parroquia, e que o Concello comprase con cartos públicos tamén a Casa Reitoral de Outeiro, a cal foi feita, como moi sabía o alcalde, coas aportacións de todas as veciñas e veciños da parroquia de Outeiro”, explican.

“Nós temémonos que se se crea unha comisión secreta, estará máis orientada a como facilitarlle a venda deses bens á Igrexa e de como o Concello vai soster con fondos públicos os seus bens que na recuperación deles para o patrimonios público”, rematou Xosé Ferreiro.