Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Abre o prazo en Outeiro de Rei para as actividades de primavera

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

Presentación das actividades por parte do Concello

Coa relaxación das medidas sanitarias impostas dende a Xunta de Galicia, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades de primavera e verán 2021.

Haberá catro tipos de actividades, por unha parte as deportivas, con clases de tiros con arco, ioga, piragüismo, tenis, pilates e ximnasia na auga.

Ademais, haberá outras de cultura e lecer como baile de salón, talleres para nenos, restauración de mobles, manualidades, campamento urbano, cerámica de Bonxe, cestería de vimbio e rutas de senderismo.

Dentro da Oficina de Información Xuvenil haberá actividad na escola de música, fotografía, cursos de padel (tanto en iniciación como en perfeccionamento) e multiaventura en Viveiro.

A todas estas engádense outras de motor como as que se desenvolverán na escola de motociclismo, escola BTT e adestramentos libres de motos e karts.

Dado que o número de prazas é limitado, e os grupos son reducidos estas cubriranse por riguroso orde de solicitude, tendo sempre preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra. A inscrición pódese facer nas oficinas municipais de luns a venres en horario de mañá de 10:00h a 14:30h. do 15 ao 31 de marzo ou ata cubrir prazas.

Será obrigatorio o uso de máscara en todas as actividades.

Consulta todas as actividades neste enlace