Skip to main content
Palas de Rei

O Concello de Palas exime aos hostaleiros da tasa de terrazas ata 2023

Por 5 Marzo, 2021Marzo 10th, 2021Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei eximirá aos hostaleiros do pago da tasa de terrazas ata o ano 2023. O goberno local decidiu estender esta medida, que fora aprobada o ano pasado, ata o remate do actual mandato co fin de paliar os danos económicos causados pola pandemia da covid no municipio.

A hostalería palense non pagará tampouco este ano a tasa do lixo, unha tasa na que o resto dos veciños e veciñas do concello manteñen a bonificación do 10% que tamén se acordara en 2020 no marco das medidas de carácter social deseñadas polo Concello.

Na mesma batería de medidas incluíanse tamén a exención do imposto de plusvalía, as tasas de punto limpo, e maila redución no imposto de vehículos de tracción mecánica, que vai desde o 50% no caso dos vehículos de menor eficiencia enerxética ao 75% para os eléctricos.