Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei estudará as inmatriculacións da Igrexa

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios
O Concello de Palas de Rei vén de anunciar que abrirá un expedente de comprobación para estudar as inscricións catastrais da igrexa católica no municipio.

Deste xeito, o Concello palense desenvolverá unha depuración de todas as inscricións realizadas nos últimos tempos, a fin de comprobar “que non afecten a servizos ou a bens titularidade pública ou privada”.

Palas de Rei, onde goberna o popular Pablo Taboada, é un dos municipios da provincia onde se rexistran máis inmatriculacións pola Igrexa nos últimos anos.