Skip to main content
Palas de Rei

O centro de saúde de Palas de Rei acollerá a base do 061 para A Ulloa

Por 17 Marzo, 2021Marzo 18th, 2021Sin comentarios

O alcalde de Palas e o delegado territorial da Xunta visitaron o centro de saúde

O centro de saúde de Palas de Rei, que acolle tamén o Punto de Atención Continuada (PAC) da Ulloa, será a base do servizo de emerxencias sanitarias do 061. O servizo atenderá aos máis de 8.000 veciños e veciñas da comarca.

A Consellería de Sanidade, en colaboración co Concello palense, vén de habilitar as instalacións do centro sanitario co fin de que poidan acoller aos dez profesionais que prestarán servizo as 24 horas e os 365 días do ano. Así, o servizo de emerxencias terá unha ubicación fixa e permanente na Ulloa.

Con esta medida preténdese mellorar os tempos de resposta e os ratios de atención a tódolos usuarios aos que presta servizo o PAC de Palas de Rei.

O servizo do 061 disporá de dúas salas no centro de saúde palense, e contará con unha dotación mínima de dúas ambulancias.