Skip to main content
Palas de Rei

Volven as visitas ao castelo de Pambre

Por 18 Marzo, 2021Sin comentarios

O castelo de Pambre

Ás portas da ponte de San Xosé e da Semana Santa, o Concello de Palas de Rei vén de informar da reapertura ao público do castelo de Pambre, que estivo pechado durante as últimas semanas por mor da pandemia sanitaria. O peche aproveitouse, segundo explican, para levar a cabo traballos de limpeza, mantemento e mellora das instalacións.

Así as cousas, o castelo de Pambre poderá visitarse de novo en horario de 12.00 a 17.30 horas durante este mes de marzo. A partir do día 31 deste mes, entrará xa en vigor o horario de verán, pasando a ser de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O Concello de Palas de Rei preparou un protocolo específico fronte á covid que deberán seguir todas as visitas.