Skip to main content
Palas de Rei

Comeza o desbroce de vías municipais en Palas de Rei

Por 31 Marzo, 2021Sin comentarios
O Concello de Palas de Rei vén de iniciar as tarefas de limpeza e desbroce das vías de titularidade municipal. Segundo explican desde o goberno local, os traballos levaranse a cabo, durante os vindeiros catro meses, “en todas as parroquias do municipio”.

Está previsto que a vindeira semana comece o acondicionamento dos viais nas parroquias de Augasantas, Merlán e Ferreira.

O Concello palense lembra ademais que, para a realización dos traballos de desbroce e limpeza das vías de titularidade municipal, teñen asinado un convenio co Goberno autonómico. A máquina conveniada coa Xunta, din, comezará os traballos nas parroquias de Pidre, Cabana, Coence, Albá e Villareda. A previsión é continuar logo por Cubelo, Lestedo e Vilar de Donas.