Skip to main content
Quiroga

A Feira do Viño de Quiroga, protagonista dun concurso infantil de debuxo

Por 11 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios
O Concello de Quiroga vén de convocar o ‘I Concurso de debuxo Feira do Viño de Quiroga’, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Os traballos, que tratarán sobre a tradicional feira de viños do municipio, deberán ter tamaño folio A4 e poden realizarse en calquera técnica plástica: lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, collage, gravado ou mixto.

Os debuxos presentaranse na Casa da Cultura de Quiroga entre o vindeiro luns día 15 e o 31 de marzo. Entregaranse dentro dun sobre pechado no que se incluirán tamén os datos do autor ou autora.

O Concello establece tres categorías para o concurso, en función das idades.  Así, a Categoría A inclúe aos participantes de 3 a 5 anos, a Categoría B a participantes de 6 a 8 anos, e a categoría C aos participantes de 9 a 12 anos.

A entrega de premios farase o domingo 4 de abril, dentro dos actos programados en lembranza da Feira do Viño, que este ano non se celebra na súa data habitual por mor da situación sanitaria. Entregaranse tres premios por cada categoría.

Os debuxos que se presenten ao concurso quedarán a disposición do Concello de Quiroga para futuras exposicións.