Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

A Subida a Chantada será o 30 e 31 de xullo, e 1 de agosto

Por 14 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Subida a Chantada

A 47ª edición da Subida a Chantada celebrarase os días 30 e 31 de xullo, e 1 de agosto. Así se recolle no calendario que vén de facer público a Real Federación Española de Automobilismo.

Ademais da puntualidade para o certame estatal, a Subida a Chantada puntuará tamén para a Copa Norte de Montaña, xunto a outras subidas míticas como a nacional El Fito ou a autonómica de Ponte Caldelas.

A Escudería Chantada asegura que comeza a traballar xa de cara á “nova edición da nosa carismática subida, que desexamos chegue a bo porto nas datas previstas”. Confían en que a situación sanitaria “esté moito mellor” nese momento e permita celebrar esta proba automobilística que xa non puideron realizar o ano pasado.