Skip to main content
Sober

Unha exposición aborda en Sober a vida despois do dano cerebral

Por 15 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A mostra de fotografía ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’ poderase ver desde mañá, martes 16 de marzo, na Casa da Cultura de Sober.

A exposición retoma así a súa andaina despois do parón causado polas restricións adoptadas fronte á pandemia da covid. Poderase ver no salón de actos da Casa da Cultura ata o vindeiro 29 de marzo, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

‘Punto e seguido’ amosa como é un día na vida dunha persoa con dano cerebral adquirido. A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e distintas asociacións pretenden, a través das imaxes, abrirnos ás portas das casas destas persoas e amosarnos que o dano cerebral non é un punto e final, senón un punto e seguido para unha nova vida.

O propio contido da mostra completarase con unha charla a cargo dunha traballadora social de FEGADACE. Será o día 23 de marzo na Casa da Cultura soberina.