Skip to main content
Bóveda

A ITV agrícola estará en Bóveda a finais do mes de abril

Por 25 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Bóveda vén de informar de que a unidade móbil da ITV agrícola se desprazará ao municipio a finais do vindeiro mes de abril. En concreto, o servizo prestarase os días 29 e 30 no mercado gandeiro de Rubián.

Alí, faranse as inspeccións técnicas dos vehículos agrícolas en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, o xoves 29, e só en horario de mañá o venres.

As persoas interesadas poden solicitar xa cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web www.sycitv.com.