Skip to main content
Chantada

Recollen doazóns de sangue este martes en Chantada

Por 29 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes día 30 de marzo en Chantada, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na Praza de Galicia.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.