Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

Solicitan colaboración para determinar o censo de cegoñas na provincia

Por 1 Marzo, 2021Sin comentarios

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén de convocar, por terceiro ano consecutivo, ‘Todos a contar cegoñas’, unha acción para determinar o censo das poboacións nidificantes de cegoña branca na comunidade. Para isto, o colectivo solicita a colaboración de todas as persoas interesadas en participar no proxecto, de xeito particular dos territorios onde as cegoñas teñen maior presenza, como é o caso do centro e sur da provincia de Lugo.

O sistema que se empregará para o novo censo será o mesmo que se seguiu o ano pasado. O obxectivo é localizar os niños que xa foron censados con anterioridade así como rexistrar as novas nidificacións, o que se fará en tres visitas espaciadas ao longo da primavera.

Desde a Sociedade Galega de Historia Natural precisan que debido ás restricións asociadas á crise sanitaria da covid, o censo podería ter que modificarse nalgúns aspectos, como no que atinxe ao número de visitas, que poderían reducirse.

As persoas que estean interesadas en colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do correo censociconia2019@sghn.org.