Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

O PP pide a comparecencia de Ábalos polo “abandono” da A-56

Por 6 Marzo, 2021Sin comentarios

Os deputados do PP polas provincias de Lugo e Ourense no Congreso veñen de rexistrar unha petición de comparecencia en comisión do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, para coñecer as actuacións que adoptará o Goberno central ante o que consideran “un total abandono” de varios tramos da A-56.

Os populares reproban ao Executivo central o “particular desprezo” hacia esta autovía que conectará Lugo con Ourense, pasando por Taboada, Chantada e Carballedo. Iso, din, “evidénciase na descarada falta de respostas ás peticións de informacións formuladas polos representantes populares no Congreso, deixando o proxecto desta imprescindible infraestrutura no máis absoluto abandono”.

De igual xeito, denuncian que o Goberno “está a furtar e agochar información con respostas que evitan calquera compromiso, condenando a esta autovía ao esquecemento e convertendo os 8,8 quilómetros do tramo San Martiño-A Barrela, inaugurado o 23 de setembro do pasado ano, nunha mera illa”.

Vista da A-56