Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A covid aumenta con máis contaxios e máis hospitalización

Por 7 Marzo, 2021Marzo 8th, 2021Sin comentarios

A covid segue reducindo a súa incidencia con paso lento pero seguro malia empeorar algúns dos seus parámetros como o de casos novos e a hospitalización. Así, hoxe son 327 casos activos, que son 12 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 34.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 7). Ademais, as altas chegaron ás 11.248, 31 en 24 horas, o día anterior foron 43.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.786 casos rexistrados e 206 persoas falecidas.

A presión hospitalaria empeora de novo. Na UCI do Hula xa hai un paciente menos, 9 en total, e en planta son 24 enfermos (4 máis), 15 no hospital de Lugo (1 máis), 7 en Monforte (1 máis) e volve a ter pacientes Burela (2).

POR COMARCAS

A Mariña

Na comarca, Lourenzá queda en estado de alerta media e Viveiro, A Pontenova e Burela con casos residuais.

  • Lourenzá está en alerta media pero por debaixo de 10 casos e sen casos nos últimos sete días.
  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz e Riotorto.
  • Na última semana tampouco tiveron Ribadeo, O Valadouro e Mondoñedo.

Terra Chá

A práctica totalidade dos Concellos están limpos de covid nos últimos 7 días e Guitiriz segue en alerta e baixando a incidencia. Sumou casos Vilalba pero segue por debaixo de 10.

  • Guitiriz, en alerta media, mantén 22 casos novos en quince días, 5 menos.
  • No veciño Concello das Pontes saen da alerta media pero suma 1 caso ata 14.
  • Sen casos nos últimos quince días están:Pol, Abadín, Xermade, Cospeito, Friol, Castro de Rei, Muras e A Pastoriza.
  • Nos últimos sete tampouco tiveron casos Outeiro de Rei e Rábade, Meira e Begonte.

Centro da provincia

Lugo queda xa por debaixo da centena de casos e Monterroso, Baleira e Guntín suman casos, de forma pouco signiticativa, e deixan de estar limpos de covid.

  • Lugo reduce novamente 12 casos e queda en 94 en total.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla, Palas e o Corgo.
  • Na última semana tampouco tivo casos Baralla.

Comarca de Sarria

A situación en Paradela segue en alerta mentres Sarria deixa de estar limpa de covid.

  • Paradela está en alerta media con menos de 10 casos pero cunha incidencia elevada.
  • Láncara, Triacastela, O Incio e O Páramo están limpos de covid.

Ribeira Sacra

A Pobra do Brollón pasa a alerta máxima dende o luns cunha incidencia que non rebaixa nas últimas semanas. É a zona da provincia con menor control do virus xa que moitos concellos seguen sumando casos. Chantada chega de novo aos dez casos mentres Bóveda deixa de estar limpo.

  • Monforte mantén hoxe 34 casos.
  • Chantada volve chegar aos 10 casos pero con incidencia baixa.
  • A Pobra de Brollón segue con dez casos e sobe este luns a alerta máxima debido á alta incidencia.
  • Sen casos en quince días: Taboada, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.