Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Paradela sobe ao estado máximo de alerta e Chantada pasa ao medio

Por 10 Marzo, 2021Marzo 11th, 2021Sin comentarios

Tal e como apuntaban os datos de onte, o comité clínico de seguimento da evolución da covid en Galicia acordou na reunión da noite do martes que Paradela pase a estar baixo as máximas restricións xunto á Pobra do Brollón.

Nestes dous permanecerá pechada a hostalaría e están prohibidas as reunións de persoas de non convivintes e a mobilidade fóra do Concello queda prohibida.

A Proba de Bollón mantén un gromo con dez contaxiados (según os datos que tivo en conta o comité) e con unha incidencia elevada. Ao igual, Paradela, que experimentou unha subida ata os 13 casos en dúas xornadas.

Por outra banda, Lourenzá e Guitiriz, que están en alerta media e rebaixando a presenza do virus manterán o nivel de alerta medio ao que se incorpora Chantada, que tamén subiu desde non tener casos hai uns días ata os 13 rexistrados onte.

As novas medidas entrerarán en vigor o venres.

OS DATOS DE HOXE

Mentres a covid, a nivel xeral continúa rebaixando a súa presencia na provincia, con menos casos activos, menos contaxios novos e menos ingresados. Así, hoxe son 244 casos activos, que son 38 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 22.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 13). Ademais, as altas chegaron ás 11.349, 41 en 24 horas, o día anterior foron 35.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.808 casos rexistrados e 210 persoas falecidas, dous máis, dous homes de 68 e 89 anos ingresados no Hula.

A presión hospitalaria baixa un pouco máis. Na UCI do Hula seguen 6 pacientes, e en planta son 20 enfermos (2 menos), 13 no hospital de Lugo (1 menos), 5 en Monforte (1 menos) e 2 en Burela.

POR COMARCAS

A Mariña

Na comarca, Lourenzá queda en estado de alerta media sen subir de dez e no resto, poucos casos. O Valadouro súmase aos concellos limpos de covid dende hai 15 días.

  • Lourenzá segue en alerta media pero por debaixo de 10 casos e rebaixando a incidencia nos últimos 7 días.
  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, Riotorto e O Valadouro.
  • Na última semana tampouco tiveron Ribadeo e Mondoñedo.

Terra Chá

A práctica totalidade dos concellos están limpos de covid nos últimos 7 días e Guitiriz continúa o descenso da curva. Rábade xa leva 15 días sen casos covid.

  • Guitiriz, en alerta media, baixa a 14 casos novos en quince días, 1 menos.
  • No veciño Concello das Pontes están en 14 casos, un máis.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Friol, Castro de Rei, Muras, A Pastoriza, Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.
  • Nos últimos sete tampouco tivo casos Meira.

Centro da provincia

Lugo segue á baixa e sen cambios no resto da comarca.

  • Lugo reduce novamente 7 casos e queda en 54 en total.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla, Palas, O Corgo e Baralla.

Comarca de Sarria

A situación en Paradela cambiará o venres a alerta máxima ao sumar 13 casos.

  • Paradela mantén 13 casos todos nesta semana e cunha incidencia elevada, por riba do 500 por 100.000 habitantes. Entra en alerta máxima.
  • Láncara, Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.

Ribeira Sacra

A comarca mantén a estabilidade trala subida de onte. O comité clínico decidiu manter a A Pobra de Brollón en alerta máxima e sobe a Chantada á media.

  • Monforte sobe hoxe a 27 casos, 5 menos.
  • Chantada segue en 13 e pasa a alerta media o venres malia que a súa incidencia é menor.
  • A Pobra de Brollón rebaixa de dez casos pero seguirá en alerta máxima.
  • Sen casos en quince días: Taboada, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días entra O Saviñao.