Skip to main content
Bóveda

Rematada a nova glorieta de Bóveda

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O alcalde e o delegado territorial da Xunta comprobaron o resultado das obras

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, xunto ao alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, comprobou este mércores o resultado dos traballos para a construción dunha rotonda na intersección das estradas LU-652 e LU-546 ao seu paso polo concello.

Con esta infraestrutura búscase mellorar a seguridade viaria e poñer fin a un dos puntos negros da rede de estradas de titularidade autonómica no sur da provincia. A Consellería de Infraestruturas investiu 212.000 euros nesta obra.

A nova rotonda ten un diámetro interior de 21 metros e exterior de 41 metros, con accesos e saídas cun único carril. Na saída da glorieta, na dirección Pobra do Brollón, permítese agora un xiro á esquerda para acceder ao vial que da acceso ao parque empresarial de Bóveda.

Neste punto proxectouse ademais un paso de peóns, accionado mediante semáforos, e a instalación da semaforización correspondente, dando así continuidade a unha rede peonil existente na zona.

As obras tamén contemplaron o repintado de marcas viarias e a colocación de nova sinalización vertical, balizamento e defensas, así como a reubicación da farola existente ao centro da glorieta.