Skip to main content
Chantada

Este mércores haberá cortes de auga en varias rúas de Chantada

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada vén de informar dos cortes no subministro da auga que se levarán a cabo mañá, mércores 3 de marzo, en varias rúas da localidade por mor de traballos para mellorar a rede de abastecemento.

O peche, que se manterá desde as 9.00 ata as 11.00 horas, afectará aos veciños e veciñas dos seguintes inmobles:

– Avenida Lugo, edificios pares, desde o 14 ao 18

– Avenida Monforte, edificios impares, do 1 ao 29

– Rúa Mariano Cedrón, edificios pares, do 2 ao 14

– Rúa Xoán XXIII, edificios pares e impares, do 1 ao 20

– Rúa Leonardo Rodríguez, edificios pares e impares, do 2 ao 25

– Praza de Galicia e Catro Camiños

– Rúa Ramón y Cajal, dos números 1 a 6

– Rúa das Chedas, dos números 3 a 5