Skip to main content
Chantada

Chantada acolle un curso básico de poda de frutais

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios

A asociación Montes Baixos, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego (SLG), organiza un curso básico de poda de árbores frutais en Chantada.

A formación impartirase os sábados 13 e 20 de marzo, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O curso inclúe unha parte teórica e outra práctica, e será impartido por Afonso Touceda.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro 9 de marzo, chamando ao teléfono 982 440 804, ou a través do correo electrónico derural@sindicatolabrego.gal.

O prezo do curso é de 40 euros e as persoas afiliadas ao SLG terán un desconto do 20%.