Skip to main content
Chantada

Por Chantada reclama melloras na atención á dependencia

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

Por Chantada levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para demandar “emprego e servizos dignos” na atención á dependencia. Con esta moción, pretende reclamar accións co fin de “mellorar o coidado dos maiores, pero tamén das condicións laborais de quen os coida e, ao cabo, termos un servizos públicos de maior calidade”.

Neste senso, Por Chantada pedirá que desde o Concello se traslade á Xunta a petición de que unha das vivendas partilladas para maiores, usando aldeas abandonadas no rural, se realice na comarca de Chantada, “con xestión pública ou por parte de cooperativas sociais ou pemes da zona”.

Queren apoios tamén para reclamar a creación de máis prazas públicas de centro de día na comarca, a creación dunha residencia de media estancia de referencia na Ribeira Sacra, así como “poñer fin á incerteza laboral do cadro de persoal temporal da Galiña Azul e do Centro de día de Chantada”.

De igual xeito, Por Chantada proporá impulsar desde os Servizos Sociais municipais a creación dun ‘banco de tempo e redes de solidariedade’, que contemple accións “para reforzar os lazos veciñais e para previr a soidade”, especialmente das persoas maiores.