Skip to main content
Chantada

O Sergas fará un cribado voluntario en Chantada esta fin de semana

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O Sergas fará, o vindeiro sábado 13 de marzo, un cribado en Chantada dirixido a persoas que traballan na atención ao público.

O Concello vén de anunciar que a realización destas probas PCR será voluntaria, polo que as persoas interesadas poden anotarse, ben en persoa ou ben chamando por teléfono, na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos. Os teléfonos son 982 44 17 52 e 982 46 22 99.

O cribado farase entre o sábado pola tarde e o domingo, estando por determinar o lugar, en función do número de persoas que se apunte.

O Concello chantadino adianta que comunicará a ubicación definitiva a través das súas redes sociais e lembra que, no caso de ter síntomas de coronavirus ou estar en corentena, non se debe acudir á realización destas probas.