Skip to main content
Chantada

Por Chantada solicita a declaración de ENIL para os Cachóns do Asma

Por 11 Marzo, 2021Sin comentarios

Vista dos Cachóns do Asma

Por Chantada levará ao vindeiro pleno unha moción para solicitar a declaración dos Cachóns do Asma como espazo natural de interese local (ENIL) e impulsar medidas para a posta en valor do patrimonio natural do municipio.

Lembran que, nas alegacións do POMF de San Fiz, o grupo municipal defendeu xa unha proposta de actuación para a rexeneración dos Cachóns do Asma e a recuperación dos seus elementos patrimoniais. Defenden que a declaración de ENIL sería unha “excelente fórmula para unha paraxe ambiental de alto valor ecolóxico, paisaxístico e patrimonial que padeceu décadas de esquecemento de abandono por parte do Concello de Chantada”.

Por Chantada esixe ademais que o proxecto “parta e sexa acompañado” por unha comisión local aberta á participación cidadá.

A formación insta tamén ao Concello a impulsar a catalogación de árbores locais de especial valor e a declaración de árbores senlleiras no caso dos exemplares de  maior interese histórico, cultural e ecolóxico. Propoñen que se pranten árbores froiteiras adaptadas ás características dos terreos e recuperar a vexetación ripícola nos treitos urbanos do río Asma, eliminando especies alóctonas e substituíndoas por autóctonas.