Skip to main content
Folgoso do Courel

O Courel acolle a mostra ‘Mulleres galegas na historia’

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

Folgoso do Courel acolle estes días a mostra ‘Mulleres galegas na historia’ en homenaxe a algunhas das mulleres que teñen destacado na historia de Galicia en ámbitos como a cultura, a arte ou a política. Esta acción enmárcase na programación municipal deseñada con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

A exposición compóñena unha serie de paneis nos que se amosan as biografías e imaxes de 17 mulleres. Entre elas, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, Concepción Arenal, Manuela Barreiro, María Vinyals, Xela Arias ou María Patiño, a escritora galega que viviu no Courel e a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2007.

A mostra pode verse na Casa Consistorial de Folgoso ata finais deste mes de marzo.

A alcaldesa do Courel vendo a mostra