Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

O Club Lemos incorpora a ‘Julito’

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

O Club Lemos vén de reforzar o seu plantel coa fichaxe do futbolista sarriano Julio Méndez García, ‘Julito’, que a pasada tempada xogou no Atlético Escairón.

Trátase dun lateral, de 27 anos, que tamén pasou polo Bóveda, a Sociedade Deportiva Sarriana ou o Rácing Vilalbés. O técnico lemista considérao unha fichaxe estratéxica.

O novo xogador do Club Lemos amosou a súa satisfacción pola posibilidade que ten o equipo monfortino de competir por ascender á Terceira División.

GRUPO C

O Club Lemos comezará a liga o vindeiro día 28. Os seus rivais serán o Sarriana, Residencia, Foz, Santaballés e Ribadeo, ao quedar encadrado no grupo C.

Na primeira fase, estes equipos disputarán unha liga a doble volta, e serán os dous primeiros os que disputen a fase de ascenso a Terceira División.

O lateral 'Julito'