Skip to main content
Monforte

Un alumno do IES Río Cabe representará a Galicia nas Olimpíadas de Física

Por 16 Marzo, 2021Sin comentarios

O alumno de segundo de Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte, Brais Rodríguez Rodríguez, vén de clasificarse en segunda posición na fase galega das Olimpíadas de Física. O estudante participará na convocatoria deste certame a nivel nacional a mediados do vindeiro mes de abril.

As Olimpíadas de Física, na súa fase autonómica, desenvolvéronse o pasado 5 de marzo vía telemática. Cada participante dispoñía dun tempo máximo de vinte minutos para resolver os problemas que se lles plantexaban.

Os participantes que obteñan os mellores resultados na fase estatal poderán concursar na Olimpíada Iberoamericana e na International Physic Olympiad.

Desde a dirección do IES Río Cabe felicitan ao alumno Brais Rodríguez e tamén ao profesor de Física, Juan Redondo.

O alumno xa formara parte do equipo de estudantes do instituto monfortino que no ano 2018 gañou a fase final europea da Olimpíada Matemática, que se celebrou en Francia.

Brais Rodríguez e o profesor Juan Redondo