Skip to main content
Cultura RIBEIRASACRAXAMonforte

O Ateneo Casino presenta unha mostra de encaixe de palillos

Por 29 Marzo, 2021Sin comentarios

O Ateneo Casino de Monforte acollerá este martes, 30 de marzo, a inauguración dunha exposición en colaboración coa Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra.

A presentación da mostra comezará ás 18.00 horas e a entrada será de balde. No acto participarán integrantes da Asociación de Palilleiras, que farán unha demostración de encaixe de palillos e atenderán as consultas ou dúbidas sobre a técnica que formulen os asistentes.

Baixo o nome ‘Encaixe de palillos’, a exposición inclúe máis de cincuenta pezas de enxoval con picados tradicionais galegos, ademais de aplicacións máis modernas para roupa e accesorios.

A mostra poderase ver nas instalacións do Ateneo Casino ata o vindeiro 11 de abril, en horario de 17.00 a 21.00 horas.