Skip to main content
Quiroga

O Concello de Quiroga alerta aos veciños dunha posible estafa

Por 4 Marzo, 2021Marzo 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga vén de alertar aos veciños e veciñas dunha posible estafa que está tendo lugar estes días no termo municipal.

Segundo explican, unha serie de persoas está indo polas casas alegando que van en nome do Concello para facer unha revisión e análise da auga.

O Concello afirma que se trata dunha fraude e piden aos veciños que “non se lle abra a porta a ninguén, se van con esa intención”.

No caso de sufrir este intento de estafa, recomendan avisar á Policía Local de Quiroga chamando ao teléfono 649 819 052 ou á Garda Civil, no 062.