Skip to main content
Quiroga

Unha ‘Gran mestra da cociña tradicional’, en Quiroga

Por 5 Marzo, 2021Sin comentarios

Momento da entrega do diploma acreditativo

Maribel Raposo Rodríguez, que rexenta a Cantina O Foguete de Pacios da Serra en Quiroga, vén de ser recoñecida como ‘Gran Mestra da Cociña Tradicional’, un distintivo que outorgan a Federación de Academias da Gastronomía dos Camiños a Santiago e maila Academia Galega de Gastronomía.

O vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía, Francisco García Bobadilla, entregoulle persoalmente un diploma acreditativo como “recoñecemento polo seu coidado e custodia das receitas tradicionais e por manter viva unha forma de cociñar tradicional”.
A Academia Galega de Gastronomía ten como finalidade potenciar todo canto rodea a nosa gastronomía, desde os produtos ata o xeito de elaboralos. Como recoñecemento a aquelas persoas que contribúen a potenciar a cociña galega, tanto tradicional como moderna, entregan os seus distintivos de ‘mestres de cociña’.