Skip to main content
Quiroga

Luis Manuel Arias, novo concelleiro do PP en Quiroga

Por 14 Marzo, 2021Sin comentarios
Luis Manuel Arias González vén de tomar posesión como concelleiro do PP na corporación municipal de Quiroga. Faino en substitución de Ana Núñez, que presentaba a súa renuncia o pasado mes de decembro.

O novo concelleiro xuraba o cargo no transcurso dunha sesión plenaria ordinaria, presidida polo alcalde do municipio, o popular Julio Álvarez. Procedente de Novas Xeracións do PP de Quiroga, Arias González encargarase a partires de agora de dirixir a concellaría de Xuventude. Ademais presidirá as Comisións de Asuntos do Pleno, como se recolle nos decretos da Alcaldía.

Arias González recibiu as felicitacións da corporación Municipal ao completo, que lle desexou boa sorte no seu cargo.

Momento da xura do cargo