Skip to main content
Quiroga

‘O Camiño de Inverno no Xeoparque Montañas do Courel’ centra un concurso de fotografía

Por 18 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Quiroga vén de convocar un concurso de fotografía baixo a temática ‘O Camiño de Inverno no Xeoparque Montañas do Courel’. Repartiranse 350 euros en premios e todos os traballos que se presenten formarán parte da exposición que se abrirá coincidindo coa celebración no municipio do chamado Xeolodía, o 8 de maio.

As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas fotografías desde o 22 de marzo ao 24 de abril.

As obras deberán ser impresas en papel fotográfico e ter un formato mínimo de 23×36 cm. Remitiranse por correo postal ao Concello de Quiroga, acompañadas do formulario de inscrición. O sobre levará a indicación ‘II Concurso Fotografía Xeoparque Montañas do Courel’.

O Concello estableceu para o certame un total de tres premios, de 200, 100 e 50 euros. O fallo do xurado farase público na semana do 6 ao 10 de xullo.

Todas as fotografías que participen no concurso formarán parte dunha exposición que se abrirá coincidindo coa celebración no municipio do chamado Xeolodía, os días 8 e 9 de maio.

O Xeolodía é unha xornada de divulgación do patrimonio xeolóxico que organiza a Sociedade Xeolóxica de España coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, e a Tecnoloxía e a Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra.

As bases e o formulario de inscrición do concurso fotográfico pódense atopar na web e nas redes sociais do Concello de Quiroga.