Skip to main content
Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil inicia o proceso para a contratación temporal de cinco peóns

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil vén de aprobar as bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación de cinco peóns. Faranse contratos a xornada completa e de carácter temporal, cunha duración de 6 meses e unha semana, rematando en todo caso o 30 de setembro deste ano.

As bases desta convocatoria publícanse no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, mércores día 10.  Poden consultarse tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Ribas de Sil, na súa sede electrónica e na páxina web da Deputación Provincial.

Entre os requisitos esixidos, as persoas que opten a algún destes postos deben estar desempregadas ou en situación de mellora de emprego. No procedemento de selección valorarase a súa formación e a experiencia profesional.

As solicitudes poden presentarse no Rexistro xeral do Concello, á atención do alcalde, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

As persoas seleccionadas, mediante o sistema de concurso, levarán a cabo traballos urxentes e inaprazables en relación a obras ou servizos prioritarios ou que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais no municipio, tales como mantemento dos servizos básicos e obras de reparación en xeral.

O Concello de Ribas de Sil realiza esta convocatoria ao abeiro do Programa de Fomento de Emprego incluído no Plan Único de 2020.