Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil instala bandas elevadas e un radar para reducir a velocidade na rúa do Sil

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

O novo radar pedagóxico

O Concello de Ribas de Sil vén de levar a cabo unha serie de actuacións na rúa do Sil, co fin de mellorar a seguridade viaria na zona.

Así, o Concello procedeu á instalación de bandas reductoras de velocidade en tres puntos deste vial. Ademais colocou varios sinais verticais de limitación de velocidade e advertencia de perigo, e tamén un ‘radar pedagóxico’, un panel informativo que indica aos condutores a velocidade á que circulan e alerta cando se supera o límite permitido.

“Somos conscientes de que estas accións poden ser molestas para os vehículos pero o Concello decidiu priorizar a seguridade nesta rúa ante as velocidades excesivas coas que moitos conductores transitaban, co conseguinte perigo para os veciños, sobre todo para os nenos e anciáns, que viven, pasean e xogan na zona”, explica o alcalde, Miguel Ángel Sotuela.

Ademais destas actuacións no tocante á seguridade viaria, o Concello de Ribas de Sil dotou de beirarrúas e de alumeado público a unha das rúas perpendiculares á rúa do Sil, na zona onde está o bar Kalhúa.

Todas estas actuacións foron financiadas cos fondos do Plan Único da Deputación.