Skip to main content
O Saviñao

Elixidos os gañadores dos concursos convocados polo 8M no Saviñao

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

Fotografía gañadora elixida polo xurado

O Concello do Saviñao vén de dar a coñecer os gañadores dos concursos de fotografía e debuxo que, baixo o  lema ‘Mulleres no ámbito profesional’, organizou con motivo da celebración do Día da Muller.

No tocante ao concurso de fotografía, hai dous gañadores: un que se elixiu en función dos ‘gústame’ acadados pola instantánea na páxina de facebook do Concello e outro que foi decidido por un xurado. Así:

  • Na categoría de facebook,  resultou gañadora a fotografía ‘8 Nós’, que obtivo 705 ‘gústame’
  • E na categoría de xurado, a vencedora foi ‘Costura en tempos de guerra’.

Os participantes gañadores recibirán cadanseu vale de 100 euros para gastar no comercio local do Saviñao e un diploma acreditativo.

Por outra banda, o concurso de debuxo ía dirixido a nenos e nenas do municipio, e dividíase en catro categorías, segundo o curso que están a realizar os participantes.
  • Na categoría Infantil (para alumnos de 4º, 5º e 6º de Infantil), gañou o traballo ‘As mellores, todas mulleres traballadoras’.
  • Na categoría Primaria A (para alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria) venceu ‘A varredora’
  • Na categoría Primaria B (para alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria) o debuxo gañador foi ‘1ª muller presidenta’
  • E na categoría Secundaria (para alumnado de 1º a 4º da ESO) o traballo vencedor foi ‘Todo o que unha muller pode facer nun só día’.

Os catro gañadores recibirán vales por valor de 50 euros para gastar na librería Loela e un diploma acreditativo.

O Concello do Saviñao agradece a participación a todas as persoas que enviaron as súas fotografías e debuxos.