Skip to main content
O Saviñao

O Círculo Saviñao acolle unha singular versión do ‘Jesucristo Superstar’

Por 19 Marzo, 2021Sin comentarios

O Círculo Saviñao de Escairón acollerá, o sábado 27 de marzo, o espectáculo ‘Jesuscristo Superstar’ a cargo do Dúo Caifás.

Trátase da “versión española” do musical, coa que este dúo, é dicir Gilbertástico e Dwomo, están a percorrer o país desde o ano 2011. A actuación forma parte da Xira Crucis Especial X Aniversario da agrupación.

O Dúo Caifás recoñece que o seu ‘Jesucristo Superstar’ ten as cancións do orixinal “pero pouco máis”. O espectáculo faise con un piano, unha batería e as gañas que lle poñen cada un deles.

A actuación no Círculo Saviñao prevese comezar ás 19.00 horas, se ben os horarios quedan suxeitos a posibles reaxustes derivados das restricións adoptadas fronte á covid.