Skip to main content
Sober

Abre o prazo de solicitude de novas axudas para a rehabilitación de vivendas en Sober

Por 23 Marzo, 2021Marzo 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober vén de abrir o prazo de solicitude das axudas para rehabilitación de vivendas, na que será a sexta fase da área de rehabilitación integral do municipio. Esta fase enmárcase no programa de rexeneración e renovación de vivenda urbana e rural do plan de vivenda 2018-2021.

As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 23 de abril nas oficinas municipais de Sober. Recolleranse os mércores e os venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

Os solicitantes deben presentar o orzamento das obras que pretenden levar a cabo, unha copia de declaración da renda do último ano e unha copia do DNI.

As subvencións que conceda o Concello de Sober poden chegar a cubrir ata o 75% do custo total das obras, con un máximo de 12.000 euros, se os traballos que se levan a cabo buscan mellorar a eficiencia enerxética da vivenda. En caso de obras de conservación, as axudas poden cubrir ata o 40% do custo total.

Unha vez concedidas as axudas, os beneficiarios terán ata decembro de 2022 para executar as obras subvencionadas.